venres, 5 de xuño de 2015

   Queremos compartir con vós a lectura dunha nova proposta na rede. A revista dixital  " Criaturas" que nos achega ó universo da lectura en galego dirixida ó público máis novo.

Vaia a nosa felicitación para a nosa compañeira de profesión e Centro, durante moitos anos, Chus Fernández por participar e promover esta interesante iniciativa.

www.criaturas.gal   Revista dixital
Este curso, a través do Plan Lector do Centro, eleximos a temática dos xogos populares. Velahí vai unha mostra das diferentes actividades que realizamos ó longo dos meses de abril e maio











Exposición  de xogos feitos 

 polo alumnado










mércores, 15 de abril de 2015

23 DE ABRIL DIA DO LIBRO




O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que neste día e no ano 1616, morreron grandes escritores como Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

A celebración deste día foi unha decisión espontánea tomada en París no ano 1995 nunha reunión da ConferenciaXeral da Unesco. A través desta conmemoración quérese rendir unha homenaxe universal ós libros e ós autores.

Invitámosvos a que visitedes estes dous enlaces para ver diferentes propostas de reflexión e traballo.

http://www.ite.educacion.es/inicio/noticias-de-interes/785-23-de-abril-dia-internacional-del-libro

http://www.un.org/es/events/bookday/


 

2 DE ABRIL DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.



Recomendamos a páxina  de oepli. Organización española para el libro infantil y juvenil  para ver máis información sobre o tema

mércores, 28 de xaneiro de 2015

DÍA DA PAZ

     Nestes días, previos á conmemoración do día da paz, no cole estamos a experimentar con ferramentas Tic. En concreto con TAGXEDO, unha aplicación on- line, cunha versión gratuita coa que, usando o vocabulario relacionado coa PAZ, facemos símbolos tan chulos coma estes.










mércores, 17 de decembro de 2014

TRABALLANDO COA MENTE

Dende a biblioteca iniciamos unha campaña na que pretendemos darlle ó miolo dun xeito diferente. Imos utilizar a mente para mirar, observar, pensar e resolver  problemas.

Para iso PROPOÑEMOS.....

OS ENIGMAS DA SEMANA















mércores, 3 de decembro de 2014

DIA DAS LIBRERÍAS


O 28 de novembro celebrouse en España, por cuarto ano consecutivo, o Día das Librerías. Quere ser unha gran festa para todos os amantes da lectura e dos libros e a reivindicación destes establecementos como punto de encontro cultural, de ocio e diversión.
 Agora que xa estamos a pensar nos agasallos do Nadal, lembrade que as librerías son un lugar ideal para acertar co noso presente.

Podemos consultar en internet numerosos enlaces que nos comentan libros adaptados a diferentes idades.
Hoxe queremos que lle botedes un ollo a esta revista que nos parece moi interesante.

mércores, 5 de novembro de 2014

CARTEL BIBLIOTECAS ESCOLARES


 



Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. 

Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean.  

O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado. 

luns, 19 de maio de 2014

Escoitar - Pensar - Actuar

Trasto, este canguro un pouquiño travieso, ensínanos como podemos mellorar a nosa conducta e non meternos en problemas. Para controlar a impulsividade ! Un truco ! primeiro ESCOITAR, despois PENSAR e, por último ACTUAR







mércores, 5 de febreiro de 2014

Latucada no Valle- Inclán 2014

           O xoves día 30 de xaneiro, apesares de que o tempo non nos acompañou, conmemoramos o día da paz. Fixemos unha latucada, na que os rapaces,con gran entusiasmo , cantaron a canción “ Latas pola paz”.
          
Queremos felicitar pola súa creatividade, á hora de decorar as latas, ás familias, profesorado e alumnado . Temos unha mostra fantástica , chea de colorido e formas novedosas.














Aquí tedes un video no que se recollen as diferentes actividades e aportacións feitas polo alumnado

martes, 14 de xaneiro de 2014

HOMENAXE A MANDELA. MADIBA UN EXEMPLO DE VIDA E LOITA POLA CONVIVENCIA PACÍFICA.





Chámome Nelson Mandela  e nacín en 1918 en Sudáfrica, o país máis meridional do continente africano.



Vin e fixen moitas cousas  durante a miña longa vida, pero todo o mundo coñéceme por ter pasado máis de vintesete anos en prisión por defender a igualdade entre negros e blancos no meu país.

A esta reivindicación déuselle un nome, a loita contra o  apartheid.




Sempre pensei que 




Cando tiven problemas con alguén, díxenme a min mesmo...



A nosa forza está en pensar  que ...



E que sempre...




Nestas páxinas tedes recursos para traballar sobre a miña vida e o meu pensamento.


http://www.vanguardia.com.mx/50frasesparaconoceralgodelpensamientodenelsonmandela-1897752.html

http://elmarescolorazul.blogspot.com.es/2013/12/el-preso-46664-recursos-sobre-nelson_6.html

http://www.educ.ar/sitios/educar/recursos/ver?id=15171

domingo, 12 de xaneiro de 2014

PROPOSTA PARA O DÍA DA PAZ. IMOS DAR A LATA





No cole, para conmemorar o día da paz, o 30 de Xaneiro ÍMOS DAR A LATA.

Para poder participar nesta actividade tedes que coller unha lata,
protexer a zona por onde se abre, pedirlle a un adulto que faga dous
buratos (un a cada lado da lata) e colocar un cordel para colgala no
pescozo. Tamén hai que traer un pau ou dous para tocar a lata.

Logo, na aula, coa profe adornarémola da maneira máis bonita posible
(empregando a nosa creatividade) e escribiremos dentro unha mensaxe con
pensamento positivo.

O 30 sairemos ao patio ao ritmo das latas e alí cantaremos a canción da
latucada. Ao rematar intercambiamos as latas coas mensaxes de paz.

E esta é a canción






                                                


Somos pequeños,
somos juguetones,
somos felices
cantando canciones.
Dame una lata
que esté llena de PAZ.
Bebe conmigo
que quiero disfrutar…



¡¡ Hola ¡!
Somos los niños
de este planeta
que aquí venimos
a dar la Lata…
¡¡Por la PAZ…!! (bis)



El hacha de la guerra
la vamos a enterrar…
Cambiemos el rencor
por un poco de AMOR.
Que nadie pase hambre
en este mundo grande.
Hagamos de esta vida
más justa y divertida.
Estribillo (2veces)



La lata del AMOR…
La lata de los SUEÑOS…
La lata del AMIGO…
La lata de los BESOS… (bis)



Estribillo (3 veces)
Estribillo
¡¡Por la PAZ!!
¡¡Por la PAZ!!
¡¡ AH, AH, AH!!